VALXE

PASEI POLA TÚA PORTA

O Grupo

Os d’Abaixo apareceron no ano 2010 co obxectivo de promover e animar bailes e festas tradicionais na contorna de Compostela. O seu repertorio recolle algunhas das pezas populares máis coñecidas da música galega xunto con novas achegas de fontes tradicionais ou de nova composición.

O que pretenden é ofrecer unha escolma de música cargada de forza e enerxía que leve ao baile e á foliada ao xeito de antes. Son un gupo no que se atopa xente que toca por afección e leva toda a vida vencellada ao folclore galego,m xunto a músicos profesionais de gran traxectoria en bandas como Berrogüetto ou Fía na Roca.

Os dabiao son:

Richi Marín – percusión

Santi Cribeiro – acordeón

Gon Goás – guitarra e coros

Xacobe Varela – gaita, bouzouki e voz

Roberto Rama – gaita e saxo

Quim Farinha – violín

Percorrido

Os d’Abaixo teñen tocado en diversas festas e festivais de Galiza e tamén fóra dela, en lugares como o Festival de Músicas do Mundo, (maio 2012, Etxarri-Aranaz-Navarra), o festival Le Grand Bal de l’Europe (xullo 2012, Gennetines-Francia), o Festival Intercéltico de Lorient (agosto 2013, Lorient-Bretaña), e o Calan Mai, a festa da primavera celta (maio de 2014, Cardiff-Gales). Na primavera de 2014 edítase o primeiro disco do grupo “Ao vivo en Lorient”, que recolle 16 pezas gravadas nos concertos feitos en 2013 neste festival bretón. Na primavera de 2017 sae á luz o seu segundo disco “Quixera ser dos paxaros”, o primeiro gravado en estudio e no que se recollen unha maioría de temas inéditos para o folc galego, resultado dun gran traballo de investigación por parte de Xosé Ramón Vázquez, daquela acordeonista do grupo. Neste 2020, Os d’Abaixo traballan no que será o seu terceiro disco, que verá a luz no próximo 2021, e no que ademáis da tradición e da investigación, que acompañan ao grupo dende os seus inicios, terá unha gran presenza a composición, que aportará novas sonoridades e melodías ao xa extenso repertorio destes composteláns.

Rúa Travesas, 3 – 15703 Santiago de Compostela

T. +34 981 58 28 36 | info@culturactiva.org | www.culturactiva.org

Culturactiva S. Coop. Galega traballa desde o 2001 na xestión cultural, o teatro, a música e a dinamización social, desde o ámbito creativo e formativo, para achegar solucións reais ás necesidades das entidades e institucións galegas e estatais. Máis info

info@osdabaixo.com

www.osdabaixo.com