O Grupo

Os d’Abaixo apareceron no ano 2010 co obxectivo de promover e animar bailes e festas tradicionais na contorna de Compostela. O seu repertorio recolle algunhas das pezas populares máis coñecidas da música galega xunto con novas achegas de fontes tradicionais ou de nova composición. O que pretenden é ofrecer unha escolma de música cargada de forza e enerxía que leve ao baile e á foliada ao xeito de antes. Son un gupo no que se atopa xente que toca por afección e leva toda a vida vencellada ao folclore galego,m xunto a músicos profesionais de gran traxectoria en bandas como Berrogüetto ou Fía na Roca.

Percorrido

Os d’Abaixo teñen tocado en diversas festas e festivais de Galiza e tamén fóra dela, en lugares como o Festival de Músicas do Mundo, (maio 2012, Etxarri-Aranaz-Navarra), o festival Le Grand Bal de l’Europe (xullo 2012, Gennetines-Francia), o Festival Intercéltico de Lorient (agosto 2013, Lorient-Bretaña), e o Calan Mai, a festa da primavera celta (maio de 2014, Cardiff-Gales).

Na primavera de 2014 edítase o primeiro disco do grupo “Ao vivo en Lorient”, que recolle 16 pezas gravadas nos concertos feitos en 2013 neste festival bretón. Nesta primavera de 2017 sae á luz o seu segundo disco “Quixera ser dos paxaros”, o primeiro gravado en estudio e no que se recollen unha maioría de temas inéditos para o folc galego, resultado dun gran traballo de investigación por parte de Xosé Ramón Vázquez, acordeonista do grupo.

No release yet

Novembro, sábado 11, 19:30h.
Recreación Tradicional da Esfolla
Doso (Narón)
Pista polideportiva de Doso. GRATUITO
Novembro, venres 3, 21:00h.
Festival Folk
Eivissa
Auditorio do centro Sociocultural de Cas Serres. GRATUITO

 

Contratación

 

 

Luneda Producións
lunedaproducions@gmail.com
+34 646 165 044

 

O grupo